Universidade de Vigo
Departamento de Socioloxía
Home News Nova revista dirixida por David Casado

Nova revista dirixida por David Casado

O profesor David Casado asumiu o encargo do GCEIS de Compostela de dirixir a revista imagonautas. Revista Interdisciplinaria sobre Imaginarios Sociales, ata o momento coeditada entre as universidades de Santiago e a de Concepción (Chile), que, despois dun período de transición, lanza o primeiro número desta nova época.

Podedes acceder en:

http://imagonautas.webs.uvigo.gal/index.php/imagonautas

A revista aínda ten que limar algunha cuestión formal (entre outras cousas que apareza nun lugar máis destacado o departamento) pero xa está plenamente operativa.
Esperamos que sexa do voso interese estes e os vindeiros contidos e que vos sumedes a participar como autores/as e revisores/as.