Universidade de Vigo
Departamento de Socioloxía
Home Masters

Masters

A investigación levada a cabo polos profesores do Departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía na Universidade de Vigo aparecerá reflexado parcialmente nos programas oficiais de posgrao ou de titulación propia da Universidade de Vigo. Éstes inclúen:

Máster Oficial Universitario Online en Dirección Pública e Liderado Institucional

Con profesorado de recoñecido prestixio no campo da Dirección e Xestión Pública e do Liderado Institucional.

Máster en Políticas Comunitarias e Cooperación Territorial

Desenvolvido polas Universidades de VigoMinho (Portugal), o obxecto do Master é a formación de alumnado universitario con sólidos coñecementos na Unión Europea e nas súas políticas vinculadas co desenvolvemento rexional, dotándoo de ferramentas prácticas para contextualizar as políticas públicas comunitarias na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, e capacitándoo para deseñar estratexias de desenvolvemento endóxeno da Eurorregión no marco das políticas europeas e rexionais que establece a Estratexia Europa 2020 e a nova programación 2014 - 2020.

Máster en Língua  e Comunicación nos Negocios

As Humanidades e as Ciencias Sociais son os ámbitos que enfrontan algúns dos desafíos máis importantes neste século XXI, como a comunicación intercultural e a comunicación non verbal, entre outros.

Master en Menores en Situación de Desprotección e Conflito Social

O obxectivo principal deste título é a formación de investigadores capaces de proxectar, implementar e dirixir proxectos e procesos de investigación sobre a desprotección e a conflictividade social dos menores de idade, a partir dunha perspectiva eminentemente xurídica, pero tamén psicolóxica e socioeducativa .

Ao mesmo tempo, preténdese
tamén que este Master sexa un punto de encontro interdisciplinar para o debate, análise crítica e posta en común de ideas para mellorar a protección xurídica e os mecanismos de intervención psicosocioeducativos que teñen como destinatarios aos menores en situación de risco, desamparo ou conflito social.


Máster en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos


O obxectivo xeral do Master é mellorar as competencias dos titulados e profesionais educativos relacionadas de modo específico coa atención á diversidade orixinada por capacidades persoais, xénero, idade, sistemas lingüísticos e culturais, así como situacións socioeconómicas diferentes.