Somos un departamento composto por diversas áreas de coñecemento -Socioloxía, Ciencia Política e da Administración, Filosofía e Filosofía Moral- que traballa no ensino e na investigación en dous eidos científicos dentro da Universidade de Vigo: o Xurídico-Social e as Humanidades.
Estamos implantados nos tres campus da Universidade de Vigo e a nosa labor docente ten lugar nas seguintes facultades: Campus de Vigo (CC. Económicas e Empresariais, Ciencias Xurídicas e do Traballo, Filoloxía e Tradución), Campus de Ourense (Ciencias da Educación, Ciencias Empresariais e Turismo), Campus de Pontevedra (Ciencias da Educación e do Deporte, Ciencias Sociais e da Comunicación).
A nosa vocación, polo tanto, intégrase dentro das ciencias sociais e humanas nunha universidade fortemente influenciada polas ciencias naturais e a tecnoloxía. A diversidade de titulacións nas que está implicado o Departamento -de Relacións Laborais e Recursos Humanos aos estudos de Filoloxía ou de Dirección e Xestión Pública- pon de manifesto a súa extensión universitaria.
O desempeño investigador do Departamento abrangue desde os enfoques empíricos e prácticos ata a reflexión teórica e metodolóxica.